Sábado 15, ceos mais cubertos no interior e máis despexados na costa

14 Agosto 2026

A xornada deste sábado 15 de agosto, solemnidade da Asunción da Virxe María, traerá un tempo de marcados contrastes á área de Santiago de Compostela e á comarca das Rías Baixas. Mentres que o interior e o norte acusarán o paso dunha fronte con nubosidade a primeiras horas, o litoral das rias baixas gozará de maior estabilidade, aínda que condicionado polo reforzo do vento costeiro.

As Rías Baixas quedarán practicamente á marxe da inestabilidade. Salvo algún intervalo de nubes baixas a primeira hora, espéranse ceos con amplos períodos solleiros ao longo de toda a xornada e sen risco de precipitacións. Mentres Santiago de Compostela iniciará o día baixo ceos moi cubertos e coa posibilidade dalgunha chuvia feble ou orballo matinal. A partir do mediodía a fronte tenderá a disiparse, permitindo a apertura de claros e alternancia de nubes e sol de cara á tarde.

No tocante aos termómetros, as mínimas manteranse sen cambios relevantes en ambas as zonas, pero as temperaturas máximas sufrirán unha baixada moderada, achegando un ambiente máis fresco e de clara transición.Nas rías quedaremos sobre os 33 graos e en Santiago e comarca sobre 25 graos.

O elemento meteorolóxico máis salientable será o vento de compoñente norte, que soprará con intensidade moderada no interior e acadará intervalos fortes en todo o litoral atlántico das Rías Baixas durante a tarde, provocando condicións de mar revolto na franxa costeira.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 4 a 6 á mañá e á noite e 5 a 7 á tarde. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.