O PSdG de Rianxo reclama ao Concello que remate as obras da rede viaria da Marquesa

01 Agosto 2026

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo emitiu un comunicado no que denuncia a situación que continúa padecendo a veciñanza da Marquesa, onde, segundo sinala o grupo, “varias pistas permanecen levantadas desde hai preto de nove meses, sen que se teña dado unha solución definitiva”.

O pasado mércores 15 de xullo, representantes do PSdeG desprazáronse ata a Marquesa despois das chamadas recibidas por parte da veciñanza para comprobar de primeira man a situación. “Nove meses despois, a realidade seguía practicamente igual, baixo o argumento de que o terreo necesitaba asentar”, sinalan dende a a agrupación, engadindo que “esta explicación non pode converterse nunha xustificación permanente para non actuar, especialmente cando esa situación non se dá en toda a aldea e cando os veciños levan meses soportando as consecuencias das obras”.

Critican que “o venres 17 de xullo anunciábase nas redes sociais que durante a semana seguinte se actuaría na zona, pero dúas semanas despois, a realidade segue sendo a mesma”. Para os socialistas, “o problema non é só que as actuacións non cheguen, senón tamén que os anuncios realizados nas redes sociais poden crear unha sensación de normalidade e de xestión que non se corresponde co que está a vivir a veciñanza na rúa”. E engaden: “Parece que todo o que se publica nas redes sociais debe ser certo porque se presenta como unha realidade, pero logo hai que saír á rúa para comprobar que a realidade de Rianxo é outra”.

“Non cuestionamos que unha obra poida ter dificultades técnicas. O que non podemos aceptar é que esas dificultades se prolonguen durante meses e que, mentres tanto, se anuncien actuacións que non se materializan”, indican.

O Grupo Municipal Socialista reclama que “se actúe coa máxima urxencia, que se informe á veciñanza da situación real dos traballos e que se deixe de substituír a solución dos problemas por anuncios nas redes sociais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.