O Concello do Son denuncia actos vandálicos na Casa da Cultura de Xuño

11 Agosto 2026

O Concello do Porto do Son compartiu nas redes as imaxes dun novo caso de vandalismo e incivismo nas instalacións públicas que pertencen á toda a cidadanía.

Desta volta os vándalos cebáronse no equipamento da Casa da Cultura de Xuño, que foi obxecto de diversos desperfectos en varias das súas dependencias, incluído o salón de actos (con mesas e mobiliario esnaquizado) e máis os servizos (onde se deixaron os lavabos totalmente inservíbeis).

“Trátase dunha auténtica falta de respecto aos bens públicos que son de toda a veciñanza”, sinalaron fontes do Concello.

Dende o Consistorio tamén se fixo “un chamamento ao sentidiño e ao civismo”, ao tempo que lembran “que os bens e espazos públicos están concibidos para o uso e goce de todas e todos; así mesmo é o noso deber coidalos, protexelos e respectalos”.

O Concello fai un convite á veciñanza que poida ter datos sobre estes feitos para que comparta información sobre a identidade das persoas responsábeis dos actos vandálicos perpetrados en Xuño (“ou de calquera outro acto que atente contra os bens da nosa veciñanza”) e sexa comunicada canto antes aos corpos de seguridade.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.