
O Concello de Noia compartiu o programa completo das Festas de San Bartolomeu 2026 que comezan o 21 de agosto e que se estenden ata o 26 do mesmo mes. Será practicamente unha semana de música, cultura, deporte, tradición, actividades infantís e moita vida nas rúas.
En palabras do Concello, estamos ante unha axenda concibida “para públicos e idades diferentes, con propostas durante todo o día e coa Alameda, o Tapal e as rúas de Noia como protagonistas, con días de orquestreo, concertos, humor, espectáculos, actividades infantís e, sobre todo, moito talento local”.
O Concello agradeceu “enormemente” a contribución do artista Pedro G. Losada, autor do cartaz deste San Bartolomeu 2026, por “poñer imaxe e cor ás nosas festas”. Tamén agradece a implicación de todas as agrupacións e artistas locais que deixan a súa pegada nesta edición.
A axenda arrincará o venres 21 coas dianas e alboradas de Os Jaitas Blue (Noia). Nesta mesma xornada haberá exhibicións deportivas (cunha demostración do Ximnasio Maniotas ás 10h, a celebración do Día da Bicicleta ás 17h e celebración do IX Torneo Portus Apostoli a partir das 18.15 horas). Ás 13.00 levarase a cabo o pregón das festas dende o palco da música, con actuación a cargo do Club de Pensionistas. Pola noite actuarán Claxxon, Treixadura (na Alameda) e o grupo local A Misela no Tapal.
O sábado 22 inclúe concursos de pesca, novas exhibicións deportivas (como a final do IX Torneo Portus Apostoli a partir das 18.15 horas), concursos de pesca (con Naútica Andrade a partir das 11.30), sesións vermú (con As Lens a partir das 14h) e actividades infantís (ás 17.30 na praza do Curro). Pola noite haberá concertos na Alameda (Origen, Efecto Mariposa e DJ Hot Cues) e no Tapal (Monboi e La Trinidad).
O domingo 23 inclúe unha Festa da Empanada no Campo da Feira, unha sesión vermú con Juan do Tractor e música para a rapazada con Uxía Lambona na rúa do Curro ás 18.15. Pola noite música na Alameda coa Orquesta Mondragón e Conductores Suicidas (tributo a Sabina) e no Tapal con Leite con Jalletas (ás 22.30 horas).
O luns 24 haberá unha festa infantil na Alameda de Noia pola mañá (ás 11.30) e pola tarde (ás 17h) e polo serán (ás 20h) unha misa solemne na honra de San Bartolomeu con procesión (dende a Igrexa de San Martiño). Pola noite concertos na Alameda (ás 22h) coa Orquestra París de Noia e Disco Móbil CDC. No Tapal haberá unha noite de humor con Dani Barreiro & Friends, ás 22.30.
O martes 25 haberá novamente unha festa infantil na Alameda de Noia, pola mañá e pola tarde. Ás 20.00 horas celebrarase no Coliseo Noela un festival de danza en beneficio da Cruz Vermella coa Escola de Danza Oitos (Expedición Querina). Pola noite haberá concertos no Tapal con Dyrkyz (Noia), Xian Pais, DJ Borja Solla e LG1DO. Na Alameda actuará a Orquestra Marbella, ás 22h.
O mércores 26 rematarán as festas cunha nova festa infantil ás 11 na Alameda e cunha misa na honra de San Roque (con procesión) en San Martiño ás 20.00 horas. Logo a medianoite será a quenda dos fogos artificiais. Previamente haberá música na Alameda (coa Orquestra Kubo ás 22h) e no Tapal (con Troula na Barquiña e con comedia a cargo de David Amor, ás 22h e ás 0.30, respectivamente).





