O Concello de Muros abre o prazo de preinscrición para o Servizo Municipal de Madrugadores 2026/2027

06 Agosto 2026

O Concello de Muros abre o prazo de preinscrición para o Servizo Municipal de Madrugadores correspondente ao curso escolar 2026/2027, un programa gratuíto dirixido ao alumnado do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío, CEIP Ramón de Artaza e Malvárez e CEIP Plurilingüe de Louro.

O programa constitúe unha medida de apoio ás familias do municipio, contribuíndo á conciliación da vida persoal, familiar e laboral e promovendo a igualdade de oportunidades. A través deste servizo, o Concello facilita ás familias unha alternativa que permite adaptar os horarios de atención ás necesidades derivadas da organización laboral e familiar.

O prazo para realizar a preinscrición está aberto ata o 21 de agosto.

Un servizo cunha demanda crecente

O Concello de Muros explicou que desde a súa posta en marcha, o Servizo Municipal de Madrugadores experimentou un incremento continuado da participación, pasando de atender a 34 familias e 49 nenas e nenos no curso 2024/2025 a 49 familias e 66 nenas e nenos no curso 2025/2026.

A evolución da participación evidencia a necesidade deste tipo de recursos para as familias de Muros e a consolidación do programa como un servizo municipal de referencia no ámbito da conciliación.

A concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira, sinalou que “a consolidación deste servizo demostra a súa utilidade e a resposta que ofrece ás necesidades reais das familias de Muros. O incremento constante do número de persoas usuarias reafirma o compromiso do Concello con políticas que contribúan á conciliación”.

Rivadeneira destaca tamén que “os datos dos últimos cursos amosan claramente que estamos ante un recurso necesario para as familias do municipio. Agardamos que neste curso 2026/2027 o número de nenas, nenos e familias beneficiarias volva aumentar e que poidamos seguir dando resposta a esta demanda”.

Conciliación e igualdade

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez, destacou que “a conciliación é un elemento fundamental para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria, facilitando que as responsabilidades de coidado poidan compatibilizarse coa vida laboral e persoal”.

Martínez salientou que “as políticas públicas de conciliación son fundamentais para garantir que as familias dispoñan de recursos que lles permitan organizar o seu día a día e, ao mesmo tempo, para avanzar na igualdade efectiva entre mulleres e homes. Facilitar a conciliación significa tamén actuar sobre unha realidade na que as tarefas de coidado seguen recaendo de maneira desigual e na que as mulleres continúan asumindo unha parte importante destas responsabilidades”.

A concelleira de Igualdade subliñou ademais que “o feito de que o número de familias usuarias medre cada ano confirma que existe unha necesidade real á que as administracións debemos dar resposta”. E engadiu: “Queremos seguir impulsando medidas que permitan ás familias desenvolver os seus proxectos de vida en Muros, favorecendo tanto a conciliación como a igualdade de oportunidades”.

Información e preinscrición

As familias interesadas poden consultar as bases e toda a información relativa ao Servizo Municipal de Madrugadores 2026/2027 no taboleiro da Sede Electrónica do Concello de Muros.

Información e bases do Servizo Municipal de Madrugadores en www.muros.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.