O alumnado de forestal do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V comeza os traballos prácticos

14 Agosto 2026

O Concello de Boiro leva a cabo, durante o curso 2026/2027, o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V destinado a 20 alumnos/as traballadores divididos nas especialidades de Repoboacións Forestais e tratamentos silvícolas e Instalación de elementos de carpintería.

Os 10 alumnos e alumnas da modalidade de forestal comezaron xa as sesións prácticas mediante as que van a realizar tarefas de prevención en materia de incendios coa consolidación de frondosas e limpeza de faixas secundarias; traballos de conservación e valorización do Camiño a Orixe…

O alumnado, que conta cun contrato de traballo para a formación e aprendizaxe a tempo completo, fórmase de xeito teórico e tamén práctico. Para levar a cabo este Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V o Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 467.052,00 euros.

Outros artigos

A ABE lanza a campaña Black Friday Local: Grazas por estar aí

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha hoxe luns, 23 de novembro, a campaña Black Friday Local – Grazas por estar aí, unha iniciativa coa que se quere aproveitar esta semana para "agradecer a confianza das persoas que apoian as empresas de Boiro" e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.