Nebra acolle este sábado un “tardeo ibicenco” con música e celebracións ata máis alá do solpor

11 Agosto 2026

A Comisión de Festas de Nebra, en colaboración co Concello do Porto do Son, vai celebrar este sábado 15 de agosto unha celebración social e musical que se estenderá durante a segunda metade do día: un Tardeo Ibicenco a partir das 16.00 horas e ata máis alá do solpor, ata as 22.00 horas.

Contarase coa presenza de catro DJs, Tito Maverick, ManuX, Gilito e Kobass.

Antes e despois dos picadiscos actuará o Dúo Blanca Doble.

Haberá música, actividades festivas, unha festa da escuma para a rapazada (e tamén para os maiores), auga, sorteos de agasallos, un photocall e (non menos importante) un atardecer de verán como pano de fondo.

Pola mañá celebrarase unha procesión dende a Igrexa de Nebra ata o campo da festa, ás 12.30 horas.

A misa celebrarase no campo da festa ás 13.00 horas. Logo comezará a sesión vermú co Dúo Blanca Doble.

Contarase con polbeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.