Máis de 300 persoas participaron na X Andaina Solidaria de Ribeira de AGADEA

31 Agosto 2026

A X Andaina Solidaria “Os Camiños da Memoria” de Ribeira reuniu o venres 28 de agosto a máis de 300 persoas, unha elevada participación que consolida esta iniciativa como unha das principais citas solidarias e de sensibilización arredor do alzhéimer e das outras demencias na comarca do Barbanza.


A marcha supuxo, ademais, significou o arrinque da programación de AGADEA con motivo do Mes do Alzhéimer, que se desenvolverá ao longo de setembro e terá a súa data central o 21 de setembro, Día Mundial do Alzheimer. Durante as vindeirass semanas, a entidade impulsará diferentes accións de sensibilización, información e participación social para achegar á cidadanía a realidade das demencias e das familias que conviven con elas.

Entre as próximas citas destaca a IX Andaina Solidaria “Os Camiños da Memoria” da Estrada, que se celebrará o venres 18 de setembro. A iniciativa trasladará á comarca de Tabeirós-Terra de Montes o espírito solidario e reivindicativo vivido en Ribeira, sumando novos pasos en apoio ás persoas con alzhéimer e ás súas familias.

Na cita de Ribeira, persoas de todas as idades sumáronse a un percorrido de arredor de 6,5 quilómetros con saída no parque García Bayón.

En palabras da organización, a participación acadada nesta décima edición da andaina “volveu demostrar a implicación da veciñanza de Ribeira e da comarca coas persoas con demencia, coas súas familias e co labor desenvolvido por AGADEA”.

A andaina combinou actividade física, convivencia e sensibilización nun ambiente festivo e familiar. A programación completouse con música, un photocall e im fotomatón, favorecendo un espazo de encontro no que a solidariedade e a memoria foron as grandes protagonistas.

A décima edición contou coa divulgadora local Nuska Chousa como madriña, en recoñecemento á súa implicación e ao seu apoio á iniciativa. A organización agradeceu especialmente a súa proximidade e compromiso coa causa.

O éxito da convocatoria foi unha realidade grazas ao traballo conxunto das tres entidades organizadoras: AGADEA Alzhéimer, o Concello de Ribeira e o Club Sachacamiños. A organización destacou tamén “a colaboración das empresas, entidades e establecementos que contribuíron ao desenvolvemento da actividade, así como o labor das persoas voluntarias e profesionais implicadas”.

AGADEA trasladou igualmente o seu agradecemento ás máis de 300 persoas participantes, “cuxa resposta permitiu alcanzar unha das cifras máis destacadas das dez edicións celebradas”. A entidade salienta que “a elevada asistencia reafirma o apoio social á iniciativa e o compromiso de Ribeira coa sensibilización, o acompañamento ás familias e a construción dunha sociedade máis consciente e inclusiva fronte ás demencias”.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.