Este venres 7 comeza a XVII Concentración Moteira Ría de Noia

04 Agosto 2026

Esta fin de semana Noia volverá converterse na capital galega das motos. En concreto, do 7 ao 9 de agosto celebrarase a XVII Concentración Moteira Ría de Noia.

Durante tres días as rúas encheranse de motos, concertos, rutas, exhibicións, gastronomía e bo ambiente. A quedada foi concibida para a cidadanía en xeral, non só para o colectivo de moteiros, e inclúe acrobacias, concertos en directo, rutas turísticas moteiras (tres percorridos turísticos organizados pola comarca con petiscos incluídos en concellos veciños), unha batucada e mesmo fogos artificiais. Tamén haberá actividades gastronómicas, xogos e sorteos de agasallos. Ademais, o programa inclúe para a medianoite do sábado 8 de agosto un desfile de motos con fachos en homenaxe aos moteiros falecidos (polas rúas do centro histórico de Noia).

Organiza a Asociación Moto Turística Ría de Noia en colaboración co Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.