A AXEGA activa novos dispositivos de emerxencias: un dron subactuático e un robot antiinciendios

12 Agosto 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, asistiu hoxe a unha demostración do funcionamento dos novos medios tecnolóxicos destinados ao Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da AXEGA, entre eles o novo dron subacuático e o robot de intervención con control remoto, adquiridos ao abeiro do proxecto Atempo.

Trátase de dous aparellos financiados a través do programa Interreg POCTEP 2021-2027 cos que a axencia reforza as capacidades operativas dos servizos de emerxencias para actuar en contornas especialmente complexas.

Durante a demostración, o conselleiro puido comprobar as prestacións do dron subacuático, capaz de realizar buscas en augas interiores de ata 300 metros de profundidade e dotado dun brazo articulado para a recuperación ou manipulación de obxectos, así como as do robot de intervención portaferramentas con control remoto, destinado a reforzar a resposta en tarefas de extinción de incendios e rescate en zonas de difícil acceso.

Fontes da AXEGA explicaron que o dron subacuático constitúe “un sistema moi versátil e polivalente, preparado para a integración futura de novos sensores, sistemas de posición e tecnoloxías de captación de imaxe, o que permitirá ampliar as súas funcionalidades e adaptalo a diferentes escenarios operativos e necesidades de investigación”. Así, ademais de utilizarse para a localización de persoas, poderá empregarse na busca de obxectos relacionados con investigacións, sempre baixo a coordinación da Garda Civil ou da Policía Nacional.

Pola súa banda, o robot de intervención portaferramentas con control remoto reforza a capacidade de actuación da AXEGA en incendios e outras emerxencias en contornas especialmente hostís ou de difícil acceso. O equipo está preparado para realizar tarefas de extinción, obter unha visión do espazo afectado cando o acceso resulta imposíbel e colaborar en operacións de rescate. Durante a demostración amosáronse tanto as súas capacidades de ataque directo ás lapas como de protección dos equipos de intervención mediante unha cortina de auga.

A AXEGA destacou que “a súa configuración permítelle operar en condicións adversas de auga, lama, po ou proxeccións de materiais, así como desprazarse con seguridade por pendentes pronunciadas, terrapléns ou cantís”.

No futuro, poderá incorporar un sistema de vídeo en directo para operalo en remoto e transmitir as imaxes en tempo real aos centros de mando.

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.