A alcaldesa de Ribeira despide a Juan Andrés Pérez como capitán marítimo de Vilagarcía

26 Agosto 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, despediu este mércores 26 de agosto a Juan Andrés Pérez, quen os últimos catro anos desempeñou o cargo de capitán marítimo de Vilagarcía e a súa área de influencia e que pasa a formar parte como conselleiro da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, Marítimos e de Aviación Civil. O ribeirense tomou posesión como responsábel de Capitanía Marítima en abril do 2022; un período de traballo na ordenación da navegación da ría da Arousa que destacou a rexedora.

Un exemplo foi o operativo para a retirada do Awadi do peirao ribeirense, no que a mandataria local enxalza a implicación de Pérez e de todo o equipo
que comandaba. Auguroulle a “mellor das sortes” neste novo horizonte profesional que se abre ante el.

Agora substitúeo no posto outro ribeirense, Álvaro Vidal, quen xa integraba o equipo de Pérez como xefe do distrito marítimo de Cambados. Sampedro deséxalle ao novo capitán marítimo “unha moi boa singradura no posto como fixo o seu antecesor, para seguir velando pola seguridade da navegación, o tráfico marítimo e a protección do medio ambiente deste anaco de costa galega, tendo en conta o que representa para Ribeira o mar.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.