“Un cancro que revive en moitos cidadáns as penurias dos que se foron” – Antón Luaces

09 Xullo 2026

Quero supoñer, se mo permite o lector, que Alberto Núñez Feijoo non quixo dicir o que dixo ao comparar as baixas laborais co cancro. Estas cando menos polémicas declaracións do líder “popular” fixo revivir en moitos dos que coñecemos a dura, moi dura experiencia, de ver como se vai un ser querido que traballou toda a súa vida a consecuencia dun cancro.

Sei do que falo: en menos de cinco anos perdín por este motivo aos meus tres irmáns. Xa antes perdera a  miña nai e, antes que a ela, a meu pai. Todos como consecuencia de padecer un cancro que, para Núñez Feijoo, el extirpou no Insalud e en Correos durante o seu mandado nestas sociedades estatais ao parecer pragadas de absentistas.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, cualificou de “desafortunado” o feito de que Feijoo equiparase as baixas laborais co cancro. Declaracións que recollían que o absentismo laboral “é un cancro que non podemos pagar” e cuestionou que un traballador de baixa laboral (que só un médico pode ditar polo organismo designado para elo e que en Galicia é o Sergas) perciba o mesmo salario que cando está a traballar. 

Se con estes coñecementos regulamentarios Feijoo puxo remedio ao absentismo laboral nos organismos antes citados e que dirixiu previo a ser presidente da Xunta de Galicia, non sei que poderá amañar neste pais se algún día, porque quere, chega a ser presidente do Goberno español. Seguro que sancionaría a Donald Trump por dedicar horas extraordinarias a xogar ao golf na Florida.

As políticas de protección sitúanse en España no ano 1883 coa Comisión de Reformas Sociais que entendeu das cuestións que interesasen á mellora e benestar da clase obreira. Daquela non se falaba do cancro. En 1900 apareceu o primeiro seguro social: a Lei de Accidentes de Traballo. En 1908 naceu o Instituto Nacional de Previsión, ao que seguiu, en 1919, o Retiro Obreiro,o Seguro Obrigatorio de Maternidade (1923) e, xa con Franco no poder, en 1942, o Seguro de Enfermidade e, en 1947, o Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez.  En 1963 publícase a Lei de Bases da Seguridade Social que implantou un modelo unitario  integrado de protección social cunha base financeira de reparto, xestión pública e participación do Estado no financiamento. 

Moitos destes principios foron recollidos na Lei Xeral da Seguridade Social de 1966, en vigor desde o 1 de xaneiro de 1967. Pero non será ata a implantación en España da democracia cando se produzan as reformas que configuran o sistema da Seguridade Social  que, ao abeiro  do artigo 41 da Constitución establece un réxime público de seguridade social para tódolos cidadáns que garanta a asistencia e prestacións sociais dabondo ante situacións de necesidade especialmente en caso de desemprego. 

Os Pactos da Moncloa (1978) crean un sistema de participación institucional dos axentes sociais e na década dos oitenta, aplícanse medidas encamiñadas a mellorar e perfeccionar  a acción protectora ao estender as prestacións dos colectivos non cubertos e dar unha maior estabilidade económica ao sistema da Seguridade Social. 

En 1995 asinouse o Pacto de Toledo, con importantes trocos e o establecemento dunha folla de ruta para asegurar a estabilidade financeira e as prestacións futuras da Seguridade Social.

O grande labor social realizado pola Seguridade Social e os organismos que a compoñen foi recoñecido con diversos premios. Feijoo aínda non inventara o cancro para clarexar que era o absentismo que só un médico da Seguridade Social pode certificar como baixa laboral que nunca permite ao doente percibir integramente o salario que lle corresponde cando cumpre as pertinentes xornadas de traballo.

Erro ou descoñecemento?.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.