O obradoiro de emprego Tahume XI inicia a parte práctica da formación

31 Xullo 2026

Os vinte alumnos do Obradoiro de Emprego Tahume XI, que comparten e impulsan en colaboración os concellos de Ribeira e O Porto do Son, iniciaron xa a parte práctica do itinerario formativo con traballos no parque periurbano de San Roque e no taller de carpintaría.

No módulo de forestal, as persoas participantes están a realizar traballos de roza e acondicionamento no dito espazo público, contribuíndo así á súa mellora e conservación.

En canto á especialidade de carpintaría, comezaron xa no taller con tarefas propias da formación, adquirindo os coñecementos e habilidades necesarias para o desempeño profesional.

“O alumado empezou nestas dúas últimas semanas a poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas aulas, contribuíndo tamén cos seus traballos ao beneficio da sociedade, pois fan as tarefas en espazos públicos e con mobiliario urbano. E, por suposto, non nos podemos esquecer da finalidade: mellorar a súa empregabilidade en nichos de mercado que demandan traballadores”, en palabras da concelleira ribeirense de Promoción Económica, Carmen Pérez.

Formación teórica e práctica

Este programa botou a andar no pasado mes de xuño cun total de 20 persoas participantes e combina formación teórica e práctica. O obxectivo é a mellora da empregabilidade das persoas dos dous concellos, onde o alumnado recibe formación no ámbito profesional de forestal e de produción de carpintería e móbel.

Durante nove meses asisten ás especialidades de Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble; Actividades
auxiliares en aproveitamentos forestais; Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
; e Traballos de carpintería e
moble
.

A maiores da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibe formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras.

O dito obradoiro conta co apoio da Consellería de Emprego Comercio e Emigración, que aporta unha achega de 546.552 euros para esta
iniciativa de emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.