O Mago Dani Polo, unha das grandes promesas da profesión a nivel galego, estatal e europeo, estará este martes 28 de xullo en Boiro, nas escaleiras da Cachadas (avenida da Constitución) para achegar un novo espectáculo familiar. A sesión dará comezo ás 20.30 e será de entrada libre. Organiza o Concello de Boiro en colaboración coa Deputación da Coruña.
O galego Dani Polo, natural de Melide, é un dos magos revelación no mundo da maxia debido á súa idade, xa que comezou desde moi nova a realizar espectáculos de alto nivel e de gran calidade artística. Polo ten ás súas costas, malia súa xuventude, máis de 10 anos de traxectoria polos escenarios nacionais e europeos. Premio Nacional de Maxia, presentou recentemente o seu espectáculo Euforia que vén sendo un soño dun neno que de pequeno namorouse da maxia ao ver un mago na TV.





