O Lirio de Ribeira consolida a súa campaña estival cunha nova degustación gratuíta nas Festas de Verán

30 Xullo 2026


A OPP83 ofrecerá o vindeiro 1 de agosto, a partir das 13.00 horas en Bandourrío, unha degustación gratuíta con dúas elaboracións: salpicón de Lirio de Ribeira e tosta de Lirio de Ribeira con pan galego e guacamole

A OPP83 Cooperativa Galega do Mar Santa Eugenia continúa coa súa campaña estival de promoción do Lirio de Ribeira cunha nova acción gastronómica que terá lugar en Ribeira o vindeiro 1 de agosto: unha degustación gratuíta que comezará ás 13.00 horas en Bandourrío, coincidindo coa sardiñada popular das Festas de Verán de Ribeira.

A degustación, elaborada polo catering Chicolino, contempla dúas propostas gastronómicas para poñer en valor a calidade e versatilidade deste peixe ranco: un salpicón de Lirio de Ribeira e unha tosta de Lirio de Ribeira con pan galego e guacamole, que poderán degustarse ata esgotar existencias.

Esta actividade enmárcase na campaña estival de promoción do Lirio de Ribeira impulsada pola OPP83, coa que a entidade busca achegar o produto da frota local á veciñanza e aos turistas a través dalgunhas das principais citas do calendario festivo de Ribeira. A campaña comezou o pasado 24 de xullo cunha multitudinaria degustación durante a Festa da Dorna, na que se repartiron arredor dun milleiro de racións.

A acción promocional forma parte do Plan de Produción e Comercialización da OPP83, co financiamento da Xunta de Galicia e do FEMPA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.