O Concello de Lousame abre as inscricións nas “Leisure activities in english”, que se celebra entre o 17 e o 21 de agosto

24 Xullo 2026

O alcalde de Lousame, Esteban Ares García; a concelleira de Xuventude e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e o técnico municipal de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, presentaron na mañá deste 24 de xullo o programa gratuíto Leisure activities in english, que será impartido polas novas voluntarias europeas Coco Golte e Alice Guyot, que acaban de incorporarase. Trátase dun programa gratuíto de actividades educativas e de ocio impartidas unicamente en inglés e que terá lugar do 17 ao 21 de agosto no local social do Sanguiñal (Tállara).

O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos de idade. As prazas poden reservarse de forma gratuíta a través de www.bandoticket.com.

As Leisure activities in english desenvolveranse no local social do Sanguiñal, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

“O programa inclúe pintura, karaoke, música, xogos, cine, creatividade, teatro, conversas e moito máis, todo en lingua inglesa para que os nenos e nenas sigan practicando o inglés no verán e o pasen moi ben”, sinalou Silvia Agrafojo.

O Concello convoca inicialmente 30 prazas, “pero estamos dispostos a ampliar o número no caso de que haxa máis nenos e nenas empadroados en Lousame interesados en participar, xa que o Concello de Lousame aposta sempre pola conciliación”, apunta Silvia Agrafojo, quen indica que “os nenos están encantados porque supón unha inmersión no inglés: pasan toda a mañá falando en inglés e nós preparamos un programa para que se divirtan ao mesmo tempo que lembran e practican esa lingua”.

Coco Golte e Alice Guyot, que forman parte do programa de voluntariado do Corpo Europeo de Solidariedade, colaborarán co Concello de Lousame na posta en marcha desta proposta e serán as encargadas de fomentar o uso do inglés durante as actividades.

De feito, durante a presentación celebrada este venres 24 de xullo xa indicaron algunhas actividades que desexan levar a cabo como “aprender a nombrar las partes del cuerpo, relacionar palabras en inglés con imágenes, crear calcetines felices y distintos juegos de memoria”, apunta Alice Guyot.

Pola súa banda, Coco Golte engade que “podemos jugar también con el globo terráqueo para que los niños aprendan los nombres de los países en inglés, pintar sus banderas y que puedan practicar pequeños diálogos con sus compañeros. Otra idea es que los niños creen sus propias camisetas en las que escriban palabras y en inglés”.

Voluntariado europeo

O acto serviu tamén para presentar oficialmente ás dúas novas voluntarias europeas chegadas a Lousame: Coco Golte ten 20 anos e procede dunha zona rural de Alemaña a 15 quilómetros de Bonn. Moi afeccionada ao deporte, é campioa de natación no seu país e sabe falar castelán, xa que estudou o idioma durante varios anos na escola. Escolleu a opción do voluntariado europeo porque “me interesa mucho trabajar con niños y con personas mayores aquí en Lousame y también quiero seguir creciendo a nivel personal y estoy convencido de que aquí podré hacerlo”:

Pola súa banda, Alice Guyot chega de Francia, ten 18 anos e acaba de rematar o Bacharelato, con especialidade en moda. Entende o español, pois o estudou durante tres anos, pero aínda non ten soltura falándoo. Entre as súas afeccións figuran o deporte, montar a cabalo e o breakdance.

O alcalde lousamiá deulles a benvida as dúas, poñendo en valor que “Lousame é un dos dous únicos municipios de toda Galicia que ofrecen este servizo, que está en marcha dende o ano 2017”.

Neste sentido, Esteban Ares asegura que “para nós é un orgullo poder levalo a cabo e creemos que é unha actividade que enriquece o noso concello e os nosos veciños, contando coa presenza destas dúas voluntarias que durante os próximos dez meses van colaborar con todas as actividades do día a día do noso concello. Ademais, cada ano chegan de diferentes lugares, neste caso de Alemaña e Francia, o cal enriquece máis a experiencia ao poder coñecer outras culturas”.

Finalmente, Xosé Manuel Outeiral destacou que “Lousame participa un ano máis no Corpo Europeo de Solidariedade, unha iniciativa da Unión Europea para dar unha oportunidade para que xente nova participe en proxectos solidarios en favor da comunidade”. Así mesmo, apuntou que “o Concello de Lousame está acreditado tanto para recibir como para enviar voluntarios a través deste proxecto de mobilidade xuvenil transnacional”, polo que animou á mocidade lousamiá a achegarse a coñecer esta iniciativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.