O Concello da Pobra do Caramiñal presenta o cartel do A Pobra Summer Fest 2026

30 Xullo 2026

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo; a concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos; e o concelleiro de Mocidade, Eloy Sobrido, presentaron na mañá deste 30 de xullo, xunto co responsábel do festival, Jhonatan Rey, o cartel da nova edición do A Pobra Summer Fest, que se celebrará o vindeiro 21 de agosto na praza Alcalde Segundo Durán.

O festival reunirá nunha mesma xornada as actuacións de Kid Mount, Nyan Boe, DJ Son1c, Aitor Lozano, DJ Places e Manu X, conformando unha programación musical dirixida especialmente á mocidade, pero aberta a toda a veciñanza, con entrada gratuíta.

Durante a presentación tamén se deu a coñecer a instalación dun Espazo Violeta, un punto de información, sensibilización e atención fronte ás violencias machistas que estará operativo durante toda a celebración do festival. Este servizo ten como obxectivo promover un ambiente de lecer seguro, baseado no respecto e na prevención de calquera tipo de agresión.

Con esta iniciativa, o Concello da Pobra do Caramiñal reafirma a súa aposta por unha programación estival de calidade, que combina propostas culturais e musicais con accións de sensibilización para contribuír a garantir espazos de lecer seguros e inclusivos para todas as persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.