O Campo da Feira de Noia vibrará este 25 de xullo co Festival Rúas Vivas

21 Xullo 2026

Este 25 de xullo o Campo da Feira de Noia vai ser unha festa, coincidindo coas celebracións do Día de Galicia (o Día do Apóstolo).

O Festival Rúas Vivas chega para converter o Campo da Feira nun gran punto de encontro para todas as idades, cunha xornada chea de música, actividades e ambiente.

Pola mañá, os máis pequenos poderán desfrutar de Rúas Vivas Peques, con xogos tradicionais e teatro infantil.

Ao mediodía, chega a Romaría Rúas Vivas, con polbeira e foodstrucks ao ritmo de Troula na Barquiña. Haberá distintos postos de artesanía.

A partir das 18:30 h, será a quenda do festival de bandas propiamente dito con Rhome, Lisdexia, Kármax, Zorzavella, DJ Clo e unha sesión de peche a cargo de DJ Casanova.

O Concello de Noia agradeceu a colaboración das asociacións e entidades que fan posíbel esta xornada: Noia Histórica, Club Noia Patín, Sociedade Liceo de Noia, Asociación Pro-saúde Mental A Creba, Noia Limpa e ALQUINOIA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.