Nadadores/as con dano cerebral adquirido realizan este sábado en Vilaxoán o último adestramento para a Travesía a Nado #PoloDanoCerebral

02 Xullo 2026

Este sábado 4 de xullo daranse cita na praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa, máis de 20 nadadores e nadadoras con e sen dano cerebral adquirido, persoas voluntarias e membros da asociación Arousaman – Arousawoman, para executar o último adestramento preparatorio para a 3ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral.

Este grupo leva meses adestrando en piscina grazas ao programa de natación adaptada organizado por Dano Cerebral Galicia, no que participan arredor de 15 persoas con dano cerebral adquirido co apoio do voluntariado de Arousaman – Arousawoman. Desde maio realizan tamén sesións de adestramento en augas abertas, co obxectivo de preparase para a Travesía a Nado como horizonte final do proxecto.

A sesión de adestramento en augas abertas será pois na mañá deste sábado, 4 de xullo, entre as 10:30 e as 13:30 horas. Comezará coa proba dos neoprenos, unha pequena sesión teórica, e a entrada no mar para continuar practicando a natación adaptada.

A Travesía a Nado Polo Dano Cerebral chega este 2026 á súa terceira edición. Vai ter lugar o sábado 11 de xullo na praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, para continuar celebrando o deporte inclusivo e accesíbel.

As mareas marcaron que este ano a Travesía a Nado sexa en horario de mañá. O inicio da proba está marcado para as 11:00, abrindo a recollida de dorsais de 9:00 a 10:45. O lugar de referencia é o Centro Sociocultural e Deportivo de Vilaxoán.

Como nas dúas edicións anteriores, a proba non é competitiva e está aberta a calquera persoa, federada ou non, que teña 16 ou máis anos no día da Travesía. Ademais, todas aquelas persoas que queiran colaborar pero non poidan estar ese día teñen a posibilidade de contribuír coa proba realizando unha doazón ao Dorsal 0. A inscrición, e o Dorsal 0, tramítanse na páxina de Dano Cerebral Galicia para probas deportivas polodanocerebral.org. Permanecerá aberta ata o 8 de xullo ás 23:59.

O percorrido consiste nun trazado de aproximadamente unha milla náutica, habendo 2 modalidades de participación:

1. Media milla náutica | 926 metros (1 volta)

2. Unha milla náutica | 1.852 metros (2 voltas)

A inscrición inclúe camiseta e gorro conmemorativos da proba, toalla de microfibra con estoxo, avituallamento na chegada, embarcacións e caiacs de apoio, ambulancia, seguro de accidentes individual, balizado da proba e gardarroupa e vestiarios.

Dano Cerebral Galicia organiza a Travesía con Arousaman – Arousawoman, co Concello de Vilagarcía de Arousa e coa súa Fundación de Deportes, e cos apoios da Deputación de Pontevedra, Eroski, Asociación Búsqueda e Salvamento, Daveiga, Galirent e Gráficas Garabal, sen esquecer o financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade e da Fundación José Otero – Carmela Martínez.

Dano Cerebral Galicia -a Federación galega de asociacións de dano cerebral adquirido- é a entidade que une e representa as cinco asociacións de dano cerebral adquirido que hai en Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Xuntas aglutinan a case 2.500 persoas socias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...