“Mala racha para ser un facha” – Antón Luaces

04 Xullo 2026

A frase non é miña. Corresponde a un “can” andaluz (o presentador Manu Sánchez) que, nas últimas semanas, tomou ao asalto as listaxes de grandes éxitos televisivos  desbacando con El perro andaluz a figuras da categoría suprema da noite como Broncano, Motos ou Wyoming. 

Foi utilizada a tal frase para establecer as diferencias futbolísticas da selección española actual coas precedentes, significada a de agora por xogadores que o “facherío” oficialmente non admite: Lamine, Nico, Oyarzábal, Borja, Pedri, Yeremai, serán aplaudidos por aqueles que se opoñen a que traballadores estranxeiros veñan a se establecer en España e aquí teñan e eduquen aos seus fillos  e que estes pasen a formar parte das seleccións nacionais de fútbol, baloncesto, atletismo, etc .?. 

Si, ben sei que Oyarzábal, Borja, Pedri, Yeremai, etc., son españois; pero son vascos, galegos, cataláns,  canarios (separatistas ou nacionalistas na xerga dos que  non entenden que se compatibilice o idioma español co doutras nacionalidades que conforman  o Estado que así se vai facendo) e Nico e Lamine -nados en España pero descendentes directos de africanos de nacemento- non son -no parecer dos adoradores da prioridade nacional- de raza pura.  E, por riba, algún gay.

A culpa, evidentemente, é de Pedro Sánchez e o efecto chamada que non en Vox ningún efecto negativo malia figurar entre eles apelidos alleos aos de España e razas que non son europeas. Ou é que se pode aplaudir a Lamine e Niko Williams e expulsamos -porque o di Vox ou o PP- a un latinoamericano que entrou en España por Madrid, a onde chegou en avión?.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.