En Dodro abren as inscricións das actividades para mulleres de ioga, repostería, pilates, atención psicolóxica e recuperación do solo pelviano

28 Xullo 2026

O Concello de Dodro informou da apertura do prazo de inscrición das diferentes actividades incluídas no Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero para Mulleres 2026, unha iniciativa gratuíta pensada para promover o benestar, a saúde, a autonomía e a igualdade das mulleres do concello.

Este ano as persoas interesadas poderán participar nos seguintes módulos:

-Ioga + estereotipos de xénero.

-Pilates + perspectiva de xénero

-Recuperación do chan pelviano, hipopresivos e autocoidado feminino + estereotipos de xénero.

-Repostería + perspectiva de xénero.

-Atención psicolóxica + prevención da violencia de xénero.

As inscricións estarán abertas a partir do 24 de xullo no Rexistro Xeral do Concello de Dodro, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As actividades están dirixidas a mulleres, con preferencia para as empadroadas no Concello de Dodro. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Trátase dun programa financiado ao abeiro da subvención SI435A para as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, convocada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.