“De patexos a malos tratos para a costa galega” – Antón Luaces

01 Xullo 2026

Unha praga inusual de patuxo ou pateiro está a afectar ás bateas  fondeadas na rías galegas. Este patexo modificou os seus hábitos de vida e pasou a devorar dun xeito verdadeiramente voraz a cría de  mexillón (mexilla) directamente nas cordas das bateas nas que esta se cría e engorda, o que constitúe unha grave ameaza para a campaña mexilloeira e, obviamente, para os bateeiros. 

Os produtores integrados nas distintas organizacións mexilloeiras, entre estas a maioritaria OPMEGA, alertou dunha proliferación deste crustáceo que non se rexistraba dende moitos anos atrás, cando aínda os parques bateeiros eran moi minoritarios no contexto galego.

O patuxo “toma posesión” das cordas e come a mexilla causando graves perdas económicas, pondo en risco a produción de mexillón en áreas da importancia das Rías Baixas, a Ría de Arousa e a de Muros-Noia, esta a moi afectada xa polas pasadas choivas que provocaran unha alta desalinización das augas e as coñecidas graves consecuencias que tal feito tivo para o marisco de cuncha.

Os bateeiros están en máxima alerta e os biólogos estudan este tan inesperado troco nos hábitos de vida dos patexos, para o que non atopan unha explicación coherente.

Os produtores demandan apoio para avaliar os danos totais causados e aplicar alternativas que permitan frear o avance desta praga tan prexudicial para os seus intereses económicos e sociais.

O patuxo sempre estivo nas rías galegas, máis nunca se soubo que se alimentara da mexilla como agora fai.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.