Arrinca o festival Noites de Jazz de Rianxo

28 Xullo 2026

Este martes 28 de xullo comeza en Rianxo unha nova edición do festival Noites de Jazz de Rianxo.

Durante catro xornadas a praza Rafael dieste acollerá novamente un dos festivais deste xénero musical máis importantes do país. O festival está organizado principalmente pola Área de Cultura do Concello de Rianxo, en colaboración directa coa Escola de Música de Rianxo (EMR) e co Taller Alecrín.

Podemos consultar o programa do festival a través da web do certame.

Todos os grandes concertos nocturnos comezan ás 22:00 horas con acceso de balde.

Martes 28 de xullo: Big Band da Escola de Música de Rianxo (EMR), dirixida por Alfredo Susavila.

Mércores 29 de xullo: José Nine Cuarteto, liderado polo compositor local José Nine Ces.

Xoves 30 de xullo: Quarteto TbA, formación con novos talentos de Galicia e Portugal.

Venres 31 de xullo: Los Hot Chocolates, cun repertorio centrado no son tradicional de Nova Orleans

A xeito de actividades complementarias o programa tamén inclúe o seguinte:

Jam Session: Venres 31 de xullo ás 13:00 horas na Praza de Padrón co Quarteto TbA.

Baile Swing: Curso monográfico de lindy hop e balboa do 26 ao 30 de xullo, cun baile popular de clausura o venres na praza Rafael Dieste.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.