A Xunta estrea no Son o seu proxecto piloto de praias inclusivas

23 Xullo 2026

A Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, puxo en marcha no Porto do Son o seu proxecto piloto de praias inclusivas, que consiste na instalación de estruturas climáticas sostíbeis nos areais co obxectivo de que sirvan de refuxio ás persoas con problemas de mobilidade en episodios de altas temperaturas. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou na mañá deste xoves 23 de xullo o refuxio inclusivo instalado na praia do Cruceiro, no concello do Porto do Son, que xunto cos de Baiona e Viveiro, serán os primeiros en poñer en marcha esta novidosa iniciativa este mesmo verán, que conta cun orzamento de 85.000 euros.

Segundo explicou a Ángeles Vázquez, este proxecto ten como finalidade avanzar na creación de espazos litorais “máis accesíbeis, inclusivos e adaptados á necesidades de toda a cidadanía”. Deste xeito, dixo, “estas instalacións facilitarán un uso máis seguro e cómodo da praia para as persoas con mobilidade reducida ou con dificultades de desprazamento”.

Engadiu que estes refuxios inclusivos “están deseñados para ofrecer unha zona de sombra na que refuxiarse en caso de altas temperaturas e ademais ofrecen accesos sen barreiras arquitectónicas, espazos amplos que permiten a mobilidade de persoas usuarias de cadeas de rodas, sinalización táctil e visual adaptada, zonas de descanso accesibles e elementos que favorecen a orientación e seguridade”.

A conselleira fixo fincapé en que “estas estruturas intégranse de forma respectuosa na paisaxe costeira e responden ao compromiso do Goberno galego de apostar por un desenvolvemento sostíbel do litoral a través do equilibrio entre a conservación dos seus valores ambientais e o seu uso e desfrute por parte de veciñanza e visitantes”.

Ángeles Vázquez incidiu así mesmo en que iniciativas como a estreada no Porto do Son contribúen ao cumprimento dos requisitos asociados a distintivos de calidade ambiental e de servizos como a Bandeira Azul e a Bandeira Verde, xa que melloran das condicións de accesibilidade, sostibilidade e confort dos espazos públicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.