A V Carreira Solidaria “Móvete pola Diabetes” chega este venres á Pobra do Caramiñal

06 Xullo 2026

Deporte, solidariedade e concienciación daranse a man este venres, 10 de xullo, coa celebración da V Carreira Solidaria “Móvete pola Diabetes”, organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal, Anedia, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo.  

O programa dará comezo ás 20.00 horas coas categorías de base. Ás 21.00 horas disputaranse as probas Sub-12, Sub-14 e Sub-16, mentres que ás 21.30 horas será a quenda das categorías Sub-18, Sub-20, Sub-23, Sénior, Máster e Zapatilla Inclusiva. A saída estará situada na rúa Fernández Albor e a meta na praza Alcalde Segundo Durán. A entrega de trofeos celebrarase ás 22.00 horas.  

A competición está aberta tanto a atletas federados como non federados e inclúe categorías desde Sub-6 ata Máster, ademais da modalidade Zapatilla Inclusiva, destinada a persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz.  

As persoas interesadas poden formalizar a inscrición a través de www.carreirasgalegas.com ata o 9 de xullo ás 14.00 horas. A participación é gratuíta nas categorías de base e na Zapatilla Inclusiva, mentres que nas categorías de adultos a cota é de 8 euros.  

A iniciativa consolídase como unha cita do calendario deportivo estival da Pobra do Caramiñal, promovendo a práctica da actividade física ao tempo que contribúe a sensibilizar a cidadanía sobre a diabetes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.