A reserva mariña Os Miñarzos de Lira loce sostibilidade e excelencia na súa festa de degustación de produtos

26 Xullo 2026

Este sábado 25 de xullo celebrouse na explanada do porto de Portocubelo (Carnota) a Festa Degustación dos Produtos da Reserva Mariña “Os Miñarzos”, organizada pola Confraría de Pescadores de Lira.

No acto participaron (entre outras autoridades) a conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o patrón maior do pósito, Mariano Lago. A titular autonómica destacou esta cita gastronómica como un bo exemplo da promoción dos recursos do mar capturados mediante artes de pesca artesanais e respectuosas coa contorna.

Villaverde subliñou que “Os Miñarzos” constitúe a primeira reserva mariña de interese pesqueiro da costa atlántica peninsular e un modelo pioneiro de coxestión no que a comunidade pesqueira participa activamente no coidado e protección do seu medio. Neste senso, salientou que “a ordenación da actividade e o respecto polas zonas de reserva garanten un produto de calidade excepcional”.

A conselleira puxo de manifesto que a protección dos recursos mariños é o mellor garante para a viabilidade económica e o desenvolvemento do sector e tamén reafirmou o apoio do Goberno galego aos produtos do mar de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.