A Parranda La Aldea visita a Pobra do Caramiñal

09 Xullo 2026

A Pobra do Caramiñal recibiu na mañá deste xoves 9 de xullo a visita dos integrantes da Parranda La Aldea, procedentes da Aldea de San Nicolás (Gran Canaria), formación participante no XIII Encontro de Música e Baile Tradicional.

A delegación foi recibida na Casa do Concello polo alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, nunha recepción institucional.

Posteriormente, os integrantes da formación realizaron unha visita guiada polo centro da vila da man do servizo municipal de Turismo.

A Parranda La Aldea participará este sábado, 11 de xullo, ás 21.00 horas, na XIII edición do Encontro de Música e Baile Tradicional, na Praza do Cantón da Leña, xunto coa BMT Suevia, de Porto do Son, e coa Asociación Cultural Xiada, grupo anfitrión.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.