A mostra sobre a historia da disidencia sexual en Galicia recala na Casa da Cultura de Noia

06 Xullo 2026

A partir do martes 7 de xullo, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos (Noia) acollerá a mostra Pegadas para un tempo novo, organizada polo Concello en colaboración co Consello da Cultura Galega, que propón un percorrido pola historia da disidencia sexual en Galicia entre o final da ditadura e a construción da democracia.

Segundo explica o Concello, trátase dunha exposición que convida a coñecer unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e a reflexionar sobre o camiño percorrido na conquista de dereitos e liberdades.

Poderá verse na Casa da Cultura durante todo o mes de xullo, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.

Máis datos

Esta exposición trata da historia e a memoria das persoas que transgrediron os mandatos normativos con respecto ao xénero e a sexualidade, hoxe LGBTIQ+, continúan a ser unha materia pendente que interesa á sociedade no seu conxunto. Aquelas que hai agora case medio século reivindicaron o dereito a ser, amarse e expresarse en liberdade construíron condicións de posibilidade das que hoxe desfrutamos todas, independentemente de se pertencemos ou non ao colectivo LGBTIQ+.

En palabras do Consello da Cultura, “neste percorrido poderemos asomarnos pola xanela da memoria para coñecer a historia que non adoita saír nos libros, pero que deixou unha pegada que marcou e marca o camiño para sermos iguais”. Esta viaxe sitúase nos anos inmediatamente posteriores á morte do ditador e chega ata os principios da década dos noventa. Pola xanela pódese ver desde o alto a diversidade dentro da diversidade, desde aquela que se organizou nos movementos de liberación homosexual, como a Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia (CCGG), e convocou a primeira manifestación ata a que se agochaba en parques, escenarios e bares de ambiente para sobrevivir. mesmo nos tempos máis difíciles.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.