Un cento de persoas remata no Obradoiro a derradeira etapa do Camiño da Ría de Muros Noia, do Club de Xubilados de Lousame

15 Xuño 2026

Un cento de persoas participaron este domingo 15 de xuño na derradeira etapa da andaina polo Camiño a Santiago da Ría de Muros Noia, organizada polo Club de Xubilados de Lousame en colaboración co Concello lousamiá. Unha ruta que discorreu entre Bertamiráns e a praza do Obradoiro de Santiago, coa praza de Portobravo como punto de encontro para a saída e chegada do autobús.

O tempo acompañou e a andaina arrincou puntualmente da praza Rego do Ameneiral (Bertamiráns) guiada polo técnico municipal de Deportes, Germán Romero, quen estivo asistido polo técnico de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, e varias persoas integrantes do voluntariado lousamiá.

Na camiñada participaron os concelleiros de Seguridade Viaria, José Antonio Ces; e Protección Civil de Lousame, Yésica Fernández Miguéns; así como o presidente e a vicepresidenta do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García e Isabel González, á fronte de gran parte da xunta directiva.

Unha vez chegados a Compostela, os sendeiristas atopáronse co grupo de gaitas e pandeireterias O Son do Pote, quen os acompañaron nos últimos metros tocando polas rúas de Compostela ata a praza do Obradoiro.

Con esta terceira etapa, o Club de Xubilados de Lousame pecha este peregrinación a Compostela pola Ría de Muros Noia, que iniciaran e maio de 2024 e que intentaran recuperar en outono, pero tiveran que adiar as saídas polo mal tempo e a falla de días dispoñíbeis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.