Un accidente entre dous coches deixou unha persoa excarcerada en Catoira

25 Xuño 2026

O 112 Galicia recibiu aviso desta colisión minutos antes das 8 horas, a través dun particular: dous coches colidiran no quilómetro 5 da PO-548, en Dimo (Catoira), e un deles acabou saíndose da vía. Unha das persoas implicadas permanecía atrapada.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, o GES de Padrón, as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Catoira e Valga e os servizos de mantemento da estrada. Ademais, alertouse aos Bombeiros do Salnés, que non chegaron a intervir.

Os efectivos do GES encargáronse das tarefas de liberación da persoa atrapada, que foi atendida polos servizos sanitarios.

Outros artigos

Comezan os obradoiros sostíbeis de Nadal no municipio ribeirense

Obradoiros en Carreira Ribeira iniciou na fin de semana os obradoiros sostíbeis de Nadal coa súa impartición nas parroquias de Palmeira, Carreira e Castiñeiras, onde "houbo gran éxito de participación", segundo destacaron os concelleiros Víctor Reiriz e Emilio Pérez,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.