Ribeira acude con stand propio a FESTUR para poñer en valor a Festa da Dorna e a Exaltación do Percebe

02 Xuño 2026

O Concello de Ribeira promocionará as súas celebracións declaradas como Festas de Interese Turístico de Galicia na Feira de Festas de Interese Turístico (FESTUR) que se desenvolverá en Silleda do 4 ao 7 de xuño no marco de TUREXPO Galicia.

A Administración local asistirá cun stand propio onde dar a coñecer e pór en valor a Festa da Dorna, que conta con esta distinción dende 2005, así como a Exaltación do Percebe de Aguiño, que a conseguiu no 2022. Pero tamén divulgará outras citas gastronómicas que se desenvolven no municipio durante o verán como a Festa da Navalla de Aguiño ou a Festa do Polbo de Palmeira.

Durante o acto no que se deu conta da participación na feira, a concelleira de Turismo, Ana Barreiro, declarou que esta “é unha excelente oportunidade para promocionar as nosas festas, tradicións, recursos e proposta relacionadas co turismo facéndoo nun espazo que se considera un escaparate consolidade e de gran proxección, tanto destinado a profesionais do sector do turismo como a público en xeral”.

A isto engadiu que, tanto a Dorna como o Percebe “gozan de moita fama, pero queremos seguir traballando para impulsar máis estes festexos, ademais de facer chegar a máis xente outros que cremos que podemos potenciar moito máis como a navalla ou o polbo”.

Pola súa parte, o presidente da R. e I. Cofradía da Dorna, Álex Nespereira, apuntou que esta festa foi “pioneira” en conseguir o selo en Ribeira; unha singradura que se desenvolverá do 17 ao 24 de xullo neste 2026.

Tamén se pronunciou o patrón maior da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño, José Antonio Santamaría, para quen a presenza nesta feira “revaloriza o noso sector e o noso produto”.

“O stand ribeirense proporcionará información sobre os distintos eventos que se celebran no municipio, ademais de material turístico e a proxección de vídeos sobre os recursos do concello. O espazo destinado á divulgación de todo canto ten por ofrecer Ribeira situarase a carón de outras localidades como A Pontenova, Monterroso ou Catoira”, engadiu o patrón maior.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.