Os contos de Séchu Sende incluídos en “Made in Galiza” protagonizan o espectáculo deste sábado no Coliseo Noela

12 Xuño 2026

Este sábado toca teatro galego en Noia, da man dun elenco de artista de primeira liña: Séchu Sende (autor), Fina Calleja (directora), Fernando Dacosta (dramaturxia xunto con Fina Calleja) e os actores Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto.

Xuntas/os representarán no Coliseo Noela os contos de Séchu Sende incluídos no seu libro de relatos Made in Galiza.

Esta nova proposta de Sarabela Teatro emprega o humor, a poesía e a emoción para reflexionar sobre a relación da sociedade galega coa súa lingua. A través dunha sucesión de relatos e personaxes tan diversos como recoñecíbeis, aborda cuestións como a transmisión interxeracional do galego, a perda de palabras e a identidade cultural.

Trátase, en palabras do Concello de Noia, “dun espectáculo cunha mirada lúdica, crítica e profundamente humana, pensado para facer rir, emocionar e deixar conversa de volta á casa”.

Recomendado para público adulto e xuvenil a partir de 12 anos.

As entradas xa están á venda en Ataquilla.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.