O Son converterase en capital da creatividade e a cultura tradicional galega coa nova edición de Creasón (este sábado 6 de xuño)

01 Xuño 2026

O Porto do Son vai ser este mes de xuño unha gran festa da cultura, da man da terceira edición da Feira Creasón, festival de arte, música e artesanía previsto para o vindeiro sábado 6 de xuño na vila sonense.

A cita será na praza de Rosalía de Castro ou, no caso de chuvia, no Polideportivo de Santa Irene.

Haberá mostra de artesanía, obradoiros para adultos e cativos, sesión vermú, contacontos, foliada, concertos e moito máis, segundo confirmou a organización do evento, Sonora Asociación Cultural en colaboración co Concello do Son, que compartiron este luns 1 de xuño o programa completo de actividades.

A xornada dará comezo ás 10.30 horas cun obradoiro de iniciación á pasamanería con Ana Vidal, e proseguirá ás 11.00 horas cun obradoiro con material de refugallo mariño con Fayna Blanco (Creamar) e cun taller de creación dun tecido colectivo en formato circular con Marie Müller.

Ás 11.30 aproximadamente dará comezo un taller creativo de cociña para a rapazada con Valuvai (Terra Mariñeira).

Logo ás 12.00 comezará unha mesa redonda con Leti do Chinto, Lidia Mariño e Luis de Carreira (CreaRedes).

Ás 13.30 haberá unha sesión vermú con Thais Suki.

Pola tarde celebrarase un obradoiro de pendentes de mar con Manela Penalta, ás 16.30 horas, e logo ás 17.00 está programada a presentación do libro Historias do val de Nebra de Xosé Piñeiro no Concello Vello.

Ás 17.30 horas haberá un obradoiro de coiro con Manel (CreaCoiro) e ás 17.30 horas unha sesión de contos infantís con Pelocho – Un Monstruo diferente de Natalia Torea e Don Carlos e o misterio dos lucecús de Patricia Torrado, na zona infantil.

Ás 18:00 dará comezo un obradoiro de cerámica con Laura Ventoso. E tamén un obradoiro de pintura de mascaras con Artesa Creativa.

Ás 19.00 horas celebrarase unha clase de baile tradicional con Gabriel das Chamosas.

A mostrará pechará ás 20.00 horas coa entrega de premios e sorteos.

Logo haberá unha foliada con grupos da contorna e ás 22.00 horas un concerto coas Pandereteiras de Tahúme e 7 Ferrados.

Ao rematar haberá foliada libre.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...