O PSdeG apoia en Rianxo a mobilización en defensa da atención primaria

03 Xuño 2026

O PSdeG emitiu este martes 3 de xuño un comunicado no que reafirma o seu apoio ás reivindicacións en defensa da sanidade primaria que se están a celebrar en Rianxo tras unha nova concentración celebrada diante do Centro de Saúde da localidade, unha mobilización que se convoca o primeiro martes de cada mes para reclamar melloras na atención primaria.

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias e o portavoz do PSdeG en Rianxo, Óscar Rial, denunciaron a “situación de auténtico colapso” que, segundo advertiron, atravesa actualmente a atención primaria no municipio.

Dende o PsdeG reclámase o reforzo do persoal sanitario, a recuperación dun PAC completo, a mellora do sistema de transporte sanitario, a dispoñibilidade dunha ambulancia as 24 horas e o reforzo da atención pediátrica, ademais da cobertura de todas as prazas sanitarias.

Patricia Iglesias sinalou que o Partido Socialista seguirá apoiando estas mobilizacións e trasladando as demandas da veciñanza ás institucións galegas. “Dende o Partido Socialista de Galicia, trasladarei estas reivindicacións ao Parlamento de Galicia para debater con rigorosidade e con seriedade”, afirmou.

A deputada socialista incidiu na necesidade de garantir unha atención sanitaria de calidade en Rianxo e defendeu que “a calidade da sanidade e da atención primaria no Concello de Rianxo sexa unha realidade”.

Outros artigos

Contra a incomunicación e o illamento

Continúa o importante labor da central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta A central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta fai un chamamento ás galegas e aos galegos para tirar proveito do servizo e atopar,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.