O Náutico de Ribeira engalánase para a gran festa da vela na que rende homenaxe a Ramiro Carregal Rey

26 Xuño 2026

Juan Caballero (texto e imaxes). O Club Náutico e Deportivo de Ribeira engalánase en homenaxe ao seu presidente de honra, Ramiro Carregal Rey, na que é a maior festa da vela na comunidade galega, a Regata FRINSA, que este sábado 27 de xuño largará amarras para navegar un trazado costeiro polo interior da ría de Arousa.

Á gran cita velística sumáronse as mellores unidades da frota das Rías Baixas e as súas comarcas, con nomes tan relevantes como o Corsario Thunder, de Jorge Durán, do Club de Iates de Vilagarcía, que co seu TP52 ofrecerá un gran espectáculo visual e deportivo. O Siradella, de César Álvarez e Francisco Gude, do Real de Portosín, un dos veleiros cunha gran colección de triunfos nas súas vitrinas; o Bon III, de Víctor Carrión, do Club Náutico Punta Lagoa, vixente campión do Gran Trofeo Faro de Corrubedo, disputado a semana pasada; o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte; o Peperetes-Nortemar, de José Manuel Millán, do Real Club de Regatas de Galicia; o Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Real Club Náutico de Sanxenxo; o Moucho, de Daniel Ayaso, do club anfitrión de Ribeira; o Exit Manitú, de Emilio Lago, do Liceo Marítimo de Bouzas; o Orión, de Javier Pérez, do Monte Real Club de Iates de Baiona, grímpola que tamén defende o Unus, de Luis García Trigo; ou La Gitana, de José Ángel Quintero, do Real Club Náutico da Coruña, entre outros moitos veleiros, entre os que tamén destaca o mítico Arousa VI, de José Luis Torres Colomer, do presidente do Náutico de Ribeira, José Luis Torres Colomer.

O trazado, que será un percorrido costeiro, roldará as 8-12 millas pola ría de Arousa, numeral que se elixirá entre a vintena que figuran nas Instrucións de regata e que será definido no último momento ao estar supeditado ás condicións meteorolóxicas.

A saída está programada ás 12 do mediodía, sendo a hora límite o 15.30 h. Os veleiros serán clasificados na súa categoría natural de Regata, Cruceiro-Regata e Cruceiro, segundo o seu GPH ou corte, para facer unha competición máis igualada. A entrega de premios celebrarase ao termo da regata.

Peperetes Nortemar, Orión e Bacor foron os vencedores, nas súas respectivas categorías, da edición da FRINSA de 2024, xesta que tentarán repetir, aínda cando hai na listaxe de rexistrados serios candidatos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.