O Concello de Ribeira destina máis de 5.000 euros para novas árbores e plantas dentro do plan municipal de reverdecemento

07 Xuño 2026

A brigada municipal de xardinería de Ribeira estivo estes días intensificando as tarefas de reverdecemento do centro da cidade de Santa Uxía coa plantación de árbores e plantas nas zonas axardinadas. O investimento ascende a 5.440 euros para a adquisición de 10 cipreses para a avenida de Lugo, 500 begonias para a rúa de Galicia e 1.000 guineanas para a praza do Concello, a praza de Compostela e as rotondas.

O concelleiro de Parques e Xardíns, Vicente Mariño, indicou que agora iniciarase tamén a plantación nas parroquias tras intensificar o traballo no núcleo urbano. “Seguimos reverdecendo os nosos espazos públicos durante o verán. Xa nos pasados meses colocamos unha remesa dunha vintena de árbores e 1.800 unidades de ciclame. Esta é unha mostra das medidas que se toman dende o Concello de Ribeira para o acondicionamento do noso municipio”, apuntou.

Así mesmo, Mariño explicou que a elección dos cipreses para a avenida de Lugo responde ao tránsito nesa vía polo que “non podiamos poñer árbores de moita copa por ser unha zona moi empregada por vehículos de mercancías e tampouco podían ser árbores moi altas polos edificios. Cremos que os cipreses son unha boa elección ao medrar algo máis do aspecto que presentan agora mesmo, pero sen gañar moito máis volume e, polo tanto, non interferir para residentes nin para quen presta servizos de transporte na zona”.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.