O Concello de Padrón celebra o Día da Bicicleta este sábado 6 de xuño

03 Xuño 2026

O Concello de Padrón celebrará este sábado 6 de xuño unha nova edición do Día da Bicicleta, en palabras do Concello “unha cita xa consolidada no calendario deportivo local que busca fomentar hábitos de vida saudábeis, ao tempo que promove a mobilidade respectuosa co medio e ofrece unha alternativa de lecer para compartir en familia”.

A programación arrancará ás 10.00 horas cunha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo, unha oportunidade para coñecer de preto o funcionamento dunha das entidades deportivas máis destacadas do ciclismo galego. As persoas interesadas en participar nesta actividade deben inscribirse previamente na Oficina Municipal de Deportes, situada no Centro Social, ou chamando ao teléfono 981 811 329.

A continuación, a partir das 10.30 horas, abrirase no Paseo do Espolón o proceso de inscrición para a marcha ciclista popular e para a xincana infantil, dúas propostas deseñadas para que persoas de todas as idades poidan sumarse á celebración.

A marcha dará comezo ás 11.30 horas e consistirá nun percorrido non competitivo de 15 quilómetros destinado a participantes maiores de seis anos. Desde a organización lémbrase que o uso do casco será obrigatorio durante toda a actividade para garantir a seguridade.

Xincana infantil no Espolón

Paralelamente, no Paseo do Espolón, punto neurálxico do evento, os máis pequenos e pequenas da casa poderán desfrutar dunha xincana con diferentes probas e xogos relacionados coa bicicleta, unha iniciativa que combina diversión e educación viaria nunha contorna segura para a cativada.

Como peche da xornada, ás 13.00 horas celebrarase un sorteo de material deportivo e de diferentes agasallos entre todas as persoas participantes, poñendo o broche final a unha mañá dedicada ao deporte e á convivencia.

O Día da Bicicleta está organizado polo Concello de Padrón coa colaboración da Deputación da Coruña, do Club Ciclista Padronés Cortizo, e dos establecementos comerciais Oliveira Bike, Onnyx Eyewear, A de Mario, Deportes Estornela, Casa Grobas e Apiario Mazara-Rial.

Desde o Concello anímase a veciñanza e as persoas visitantes a participar nesta iniciativa, “que cada ano congrega centos de persoas arredor dos valores do deporte, da vida activa e do respecto polo medio ambiente”, informaron dende o Consistorio.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...