O Concello de Noia incorpora durante seis meses a cinco operarios para reforzar os servizos municipais

12 Xuño 2026

O Concello de Noia incorporou durante un período de seis meses a cinco operarios que complementarán os traballos que desenvolve o Servizo Municipal de Obras, Medio Ambiente e Xardinería.

Esta contratación foi posíbel grazas a unha subvención de 52.000 euros concedida pola Deputación da Coruña a través do Plan de Emprego Local, unha iniciativa destinada a fomentar a creación de emprego e a mellorar a prestación dos servizos públicos nos concellos da provincia.

Os novos traballadores contribuirán ao mantemento e mellora dos espazos públicos, das zonas verdes e das infraestruturas municipais, reforzando a capacidade de resposta dos servizos municipais e favorecendo unha atención máis eficaz ás necesidades da veciñanza.

Desde o Concello agradeceron o apoio da Deputación da Coruña, que permite “impulsar o emprego local e fortalecer servizos esenciais para seguir construíndo unha contorna máis coidada, sostíbel e atractiva para todos e todas”, engadiron.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.