Este sábado celébrase en Buía (Araño) a festa na honra de San Xoán da Ermida

17 Xuño 2026

Esta fin de semana celébrase en Buía (Araño, Rianxo) a festa na honra do San Xoán da Hermida. As actividades concentraranse o sábado 20 de xuño e inclúen propostas relixiosas, culturais e lúdicas, sen esquecer á rapazada.

A programación comezará ás 9.00 horas coas bombas de palenque e unha ruada a cargo de O Son do Pote e Os Pequenos do Barbansa. Ás 13.00 horas comezará a misa seguida dunha procesión, na honra de San Xoán, na Capela da Ermida. Ás 14.00 haberá unha sesión vermú na Ermida con Dieguiño e pola tarde ás 18.00 horas O Souto (Escola Buía) acubillará inchábeis e unha festa da escuma para a rapazada. Polo serán, ás 20.30 horas, haberá música no Souto con Pulpiño Viascón. Pola noite (a partir das 23h) comezará a verbena con Ritmo Joven e de madrugada (a partir das 2.00 horas) coa discoteca móbil Model Music.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.