“Está José María Aznar para dar leccións de historia en España?” – Antón Luaces

02 Xuño 2026

Após a caída do Imperio Romano, o Reino Suevo de Galicia constituíuse coma o primeiro reino medieval de Europa Occidental, deixando de existir oficialmente coma entidade administrativa e territorial o 30 de novembro de 1833, cando o ministro Javier de Burgos decidiu unha nova división provincial pola que se suprimían as antigas xurisdicións do Antigo Réxime de España. Por tal división o territorio galego fragmentouse nas actuais catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

A integración na Coroa de Castela  no remate do século XV e baixo o reinado dos Reis Católicos, fixo que Galicia perdese a súa autonomía administrativa malia que formalmente a mantivera como “Reino de Galicia” ata a devandita reforma de 1833. 

O primeiro reino de Galicia (reino suevo de Gallaecia) foi fundado no ano 411 despois de Cristo polo pobo xermánico dos suevos que, mediante un acordo co Imperio Romano estableceron a súa capital na cidade de Braga, abranguendo grande parte do noroeste peninsular. 

O territorio do Antigo Reyno de Galicia dispuña de sete provincias: Santiago, A Coruña, Betanzos, Lugo,, Mondoñedo, Ourense e Tui.

Pero estes antecedentes históricos non abondan ao expresidente do Goberno José María Aznar, para quen “un non pode inventarse nacións que nunca existiron , a conta da desaparición da nación centenaria que si existía”. Engade Aznar nunha declaración feita no Instituto Atlántico de Goberno que “O departamento da nación española, por riba de calquera ensoñación destes mequetrefes que din por algures que uns tentan crear unha república confederal con non sei cantas nacións”, e pregunta “Pero que se cren, que as nacións se fan e desfán a expensas do que conveña a calquera destes mentecatos que están a ocupar algún cargo neste intre?”. 

A conquista de Granada e o descubrimento de América son fitos do ano 1492 considerados simbolicamente como a orixe da España moderna, polo que a percepción aznariana de “invencións históricas” a respecto da antigüidade do Reino de España é moi posterior a, por exemplo, o Reyno Suevo de Galicia.

Non é por nada.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.