En Noia, o Concello retira o mural da rúa Rodríguez Cadarso, no centro histórico

23 Xuño 2026

Este luns 22 de xuño o Concello de Noia procedeu á retirada do mural situado na rúa Rodríguez Cadarso, en pleno centro histórico da vila.

Esta actuación realízase en cumprimento das indicacións trasladadas pola Dirección Xeral de Patrimonio, que trasladou ao Concello a necesidade de retiralo, xa que o seu pintado non contou nunca con ningunha das autorizacións necesarias.

Cómpre lembrar que o centro histórico de Noia conta cun réxime especial de protección, polo que calquera actuación que altere a imaxe exterior dos inmóbeis “debe contar cos informes e autorizacións correspondentes da administración competente”.

A actuación do Concello responde aos requirimentos realizados no marco da normativa vixente e “co obxectivo de garantir o cumprimento das obrigas derivadas da protección do noso patrimonio histórico e cultural”, engadiron fontes do Consistorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.