“De bulos e estrambóticos comentarios vía Internet” – Antón Luaces

29 Xuño 2026

Confeso que non é a primeira vez que me chega, vía Internet, un bulo. Confeso asimesmo, que moitos deses bulos son enviados ao meu correo con ganas de provocar a miña resposta, algo que ningún dos meus remitentes conseguiu porque a maior parte dos bulos recibidos van parar á papeleira nada máis abrilos no meu correo ou contas.

Pero o recibido onte sorprendeume en sumo grao porque me foi remitido por unha persoa que aprecio, que sei é de dereitas (cuestión que só compete a ela mesma e que a min me trae ao pairo xa que logo o que menos me interesa da devandita persoa é a súa militancia ou crenza política) e porque a tiña -e teño aínda- por cidadá máis coñecedora dos novos mentireiros nos que se acubillan sentimentos descoñecidos que, politicamente, afloran hoxe en día como proba inequívoca de que o franquismo non morreu canda Franco, senón que quedou aboiando no mar das nostalxias porque a elas, as afectadas, Franco ou o franquismo nos lles matou un familiar, non encarcerou a un achegado, non afastou da península para que se fixera cargo do posto gañado en oposición a un ser estimado baseándose en que este pasara tempo nun campo de concentración existente en territorio francés dándolle destino nunha das illas canarias após ter participado na Guerra Civil formando parte do Batallón Galicia aos 17 anos… porque esas persoas que proclaman os bulos que, á súa vez, reciben doutros, non son as autoras de semellantes mentiras máis propias de cavernícolas incapaces de distinguir a realidade dunha absurda mentira que vai e ven sen nengún tipo de control e, moito menos, constatación da realidade. 

Canto dano están a facer eses bulos nas persoas máis sensíbeis que os reciben convencidas de que a verdade está no bulo que reenvía a unha amizade, a un parente. E canto mal se causa a aquel que, polo feito de que quen o manda é un amigo, estima certo  canto o bulo certifica.

Non, o franquismo non morreu con Franco: está vivo e xa non usa cartilla de racionamento para ter na casa o que non pode adquirir de estraperlo. 

Por exemplo a xustiza, a verdade, a legalidade, a lealdade-

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.