Caamaño celebra o San Xoán con música e unha gran churrascada popular

15 Xuño 2026

Este 23 de xuño vaise celebrar a Festa do San Xoán de Caamaño 2026, unha cita ideal, en palabras dos organizadores, “para celebrar a noite meiga”. A cita dará comezo ás 21.30 horas e será unha festa a medio camiño entre o gastronómico, o musical e, por suposto, o máxico. Inclúe unha gran churrascada nocturna na explanada da Casa da Cultura amenizada por Discomobil e Chocolate (as racións de churrasco achegaranse a prezos populares). A festa continuará á medianoite coa cacharela no Campo de Fútbol e con música para celebrar a noite meiga con (novamente) Discomobil e Chocolate.

Organiza a veciñanza da Comisión de Festas de Caamaño coa colaboración do Concello de Porto do Son e Biona.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.