Barbantia organiza no Lustres Rivas de Ribeira (este venres) unha homenaxe a Fernando Cabeza Quiles

21 Xuño 2026

A Asociación Cultural Barbantia, a editorial Espiral Maior, o xornal La Voz de Galicia, o Concello de Ribeira organizan esta semana entrante unha máis que merecida homenaxe ao escritor, profesor e investigador falecido o pasado mes de maio Fernando Cabeza Quiles, experto en toponimia e estudoso moi vencellado á comarca do Barbanza.

Na cita, que terá lugar o venres 26 de xuño ás 20.00 horas no salón de actos do Centro Cultura Lustres Rivas, presentarase tamén o seu libro Defuntos e santos inocentes. Intervirán Pastor Rodríguez, coordinador de Barbantia, Xosé Antonio Andrade, escritor, Miguel Anxo Fernán Vello, director de Espiral Maior e máis María Sampedro, alcaldesa de Ribiera.

O acto de homenaxe coincidirá coa saída do suplemento cultural A Voz de Barbantia, número 216, sábado 27 de xuño conxuntamente con La Voz de Galicia.

Fernando Cabeza Quiles foi profesor do IES 1 de Ribeira como tamén o foi seu pai, ademais de autor da estudo definitivo sobre a toponimia do concello de Ribeira editado pola Real Academia Galega.

Filólogo e estreito colaborador do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, foi un incansábel investigador e divulgador dos nomes da nosa terra, en particular daqueles lugares que marcaron a súa traxectoria vital.

Mostra desta paixón son os catro volumes que deixa publicados na colección Terra Nomeada: Toponimia da Estrada (2018), Toponimia de Carballo (2020), Toponimia de Ribeira (2022) e Toponimia de Padrón e Pontecesures (2025), que presentou o pasado mes de xaneiro.

O escritor e filólogo Fernando Cabeza Quiles faleceu o venres 1 de maio aos 73 anos tras sufrir unha caída mentres circulaba en bicicleta no municipio coruñés de Carballo. O accidente produciuse ao redor das 13.00 horas no quilómetro 1 da estrada DP-1914, un tramo caracterizado pola súa forte pendente, e no que non se viron implicados outros vehículos.

Fernando Cabeza Quiles, nado en Ponferrada, foi unha figura destacada no ámbito da toponimia galega, ademais de autor de ensaios, relatos, poesía e numerosos artigos de carácter etnográfico, histórico e social. Ao longo da súa vida residiu en diversas localidades galegas por motivos profesionais, entre elas A Estrada, Ribeira, Vigo e, finalmente, Carballo.

Precisamente o seu paso por Ribeira forma parte da súa vinculación con esta localidade, onde exerceu como docente e desenvolveu parte da súa traxectoria profesional, contribuíndo a reforzar a súa conexión coa cultura e o territorio galego.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.