Aberto ata o 19 de xuño o prazo para solicitar os permisos para as cacharelas de San Xoán en Rois

03 Xuño 2026

As persoas que desexen celebrar o concello de Rois unha cacharela na noite de San Xoán, o próximo martes 23 de xuño, xa poden solicitar a correspondente autorización municipal. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata as 14.00 horas do venres 19 de xuño.

A solicitude deberá incluír os datos da persoa responsable, unha fotocopia do DNI, a localización exacta da cacharela e unha descrición das súas características, indicando o tipo de celebración prevista e o terreo no que se realizará.

O Concello lembra que as solicitudes poden presentarse de forma presencial nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica. Non se admitirán solicitudes enviadas por correo electrónico.

Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e evitar riscos para o medio natural, as cacharelas deberán cumprir as condicións establecidas no bando municipal.

Entre outras medidas, será obrigatorio manter a vixilancia permanente do lume, dispoñer de medios de extinción adecuados e respectar as distancias mínimas de seguridade respecto de vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos e masas arbóreas.

Así mesmo, a cacharela deberá situarse nun lugar accesible para os servizos de emerxencia e manter unha faixa de seguridade libre de materiais combustibles nun radio mínimo de 15 metros. Tamén queda prohibida a utilización de líquidos inflamables para o acendido e a queima de materiais como plásticos, colchóns, rodas ou outros residuos que poidan producir gases tóxicos.

As autorizacións quedarán automaticamente suspendidas se as condicións meteorolóxicas incrementan o risco de incendio ou dificultan o control do lume. Ademais, os servizos de emerxencia e seguridade poderán ordenar a extinción inmediata da fogueira cando exista algún risco para as persoas, os bens ou o medio natural.

As solicitudes entenderanse autorizadas salvo que exista unha denegación expresa previa á celebración e sempre que se cumpran todas as condicións recollidas no bando municipal.

O bando completo e o modelo de solicitude poden consultarse e descargarse na ligazón habilitada.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...