A Escola municipal de música de Rois abre o prazo de matrícula para o curso 2026-2027

18 Xuño 2026

O Concello de Rois abre este xoves 18 de xuño o prazo de matrícula da Escola municipal de música (ESMU) para o curso 2026-2027. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o venres 10 de xullo a través dun formulario dispoñíbel na web municipal.

Orquestra de Cordas da Escola Municipal de Música de Rois

A ESMU de Rois ofrece formación dirixida a nenos e nenas a partir de cuarto de Educación Infantil, así como a persoas adultas. Entre as ensinanzas dispoñibles atópanse as clases de música e movemento, destinadas á rapazada de entre 3 e 7 anos, e as materias de linguaxe musical (en grupo ou individuais, segundo a idade) ou harmonía.

Como novidade para o curso 2026-2027, a Escola municipal de música diferencia dúas materias específicas de harmonía. Por unha banda, a harmonía moderna, orientada a comprender como se constrúe a música actual a través do estudo práctico de acordes, progresións e melodías presentes en estilos como o pop, o rock ou o jazz, fomentando a creación e os arranxos musicais para distintas agrupacións. Por outra, a harmonía clásica céntrase no estudo da combinación dos sons e dos acordes desde o barroco ata o romanticismo, abordando as funcións tonais, a formación e enlace de acordes e a análise das obras interpretadas polo alumnado, co obxectivo de favorecer a comprensión musical, a memorización e a capacidade de analizar e de crear composicións con sentido harmónico.

A oferta complétase con clases individuais de canto e de diferentes instrumentos, entre eles guitarra, piano, percusión e batería, violín, viola, violoncello, contrabaixo, baixo eléctrico, acordeón e especialidades de vento metal, como trompeta, trompa, trombón ou tuba, e de vento madeira, como saxofón e clarinete.

A programación inclúe tamén actividades grupais, como os conxuntos instrumental, de acordeóns, de percusión ou o conxunto viaxeiro, que participa nos intercambios que a ESMU realiza con outras escolas de música. Tamén hai unha orquestra de cordas, un coro infantil e outro coro para persoas adultas.

A matrícula anual ten un custo de 30 euros, aos que se engaden as taxas correspondentes ás distintas actividades. As clases de música e movemento e de linguaxe musical dunha hora teñen unha cota mensual de 20 euros. Os programas que combinan linguaxe musical e instrumento teñen un prezo de 40 euros mensuais para as clases de 30 minutos de instrumento e de 50 euros para as de 60 minutos. As materias illadas para persoas maiores de 16 anos teñen un custo de 40 euros ao mes, mentres que as clases de harmonía e de instrumento complementario teñen unha cota de 15 euros mensuais.

No caso do coro, a participación no coro infantil e no coro de persoas adultas ten un prezo de 20 euros ao mes. As actividades de coro e conxunto Instrumental son gratuítas para o alumnado matriculado na Escola municipal de música.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.