A Diocese de Santiago aproba as contas de 2025 cun crecemento do 7,94%

30 Xuño 2026

O balance económico consolidado do exercicio alcanzou os 31,4 millóns de euros grazas ao aumento das achegas dos fieis e ao bo rendemento financeiro.

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu na sede da Curia a reunión do Consello de Asuntos Económicos da Diocese para estudar e aprobar as contas diocesanas e a liquidación do orzamento do exercicio 2025. Este organismo, integrado por sacerdotes e laicos expertos en economía e dereito, cumpre a función establecida no Código de Dereito Canónico de validar os ingresos e gastos eclesiásticos.

Durante a sesión, o ecónomo diocesano, Fernando Barros, presentou o informe económico completo, que reflicte un ano de “crecemento sostido, xestión prudente e capacidade de financiamento positiva”. Barros destacou que “a transparencia é parte esencial da nosa misión” e reafirmou o compromiso institucional coa rendición de contas.

Incremento nas achegas dos fieis e rendementos do patrimonio

As contas diocesanas integradas —que inclúen os Fondos Diocesanos, Depósitos de Parroquias, o ISC, as fundacións e as contas de parroquias e entes— sumaron en 2025 un total de 31.405.739,12 euros, o que supón un incremento do 7,94% respecto a 2024 e un 22,66% máis do orzado.

Os ingresos ordinarios situáronse en 29,6 millóns de euros (+9,47%), destacando os seguintes factores:

  • Achegas dos fieis: Crecieron un 6,78% respecto ao ano anterior ata representar o 37,44% do total dos ingresos.
  • Asignación tributaria (IRPF): Aumentou un 16,35%, consolidándose como case o 30% dos recursos da diocese.
  • Patrimonio e investimentos: Medraron un 13,80%, impulsados polo excelente comportamento das carteiras de investimento, cuxos rendementos subiron un 31,42% en comparación con 2024.

Pola contra, os ingresos extraordinarios descenderon un 12,31% debido á forte redución do alleamento de patrimonio (un 85,77% menos) e a unha reestruturación contable das subvencións de capital.

Máis investimento en acción pastoral, persoal e conservación

No capítulo de gastos ordinarios, a Diocese de Santiago investiu 22.992.286,02 euros, un 10,94% máis que no exercicio anterior. O informe detalla incrementos relevantes en partidas clave:

  • Accións pastorais e asistenciais: Medraron un 7,60%.
  • Gastos de persoal: A retribución do clero subiu un 5,30%, mentres que a do persoal seglar aumentou un 18,64% debido ao incremento de custos sociais e a novas contratacións.
  • Conservación de edificios e funcionamento: Incrementáronse un 14,32% e xa representan case o 30% do gasto total.

Pola súa banda, os gastos extraordinarios ascenderon a 5,6 millóns de euros (+5,23%), destinados principalmente a programas de rehabilitación de inmóbles.

Superávit e compromiso coa transparencia

Malia o incremento xeral dos custos, a diocese pechou o exercicio de 2025 cunha capacidade de financiamento positiva de 2.759.417,02 euros, o que confirma a súa estabilidade económica.

O arcebispo, mons. Francisco José Prieto, subliñou que a presentación pública do balance é “un exercicio de responsabilidade e comuñón”, recordando que a xestión económica está sempre ao servizo da misión pastoral e social da Igrexa.

Toda a información detallada, convenios, estudos e informes económicos deste exercicio poden consultarse de xeito público a través do Portal de Transparencia do Arzobispado de Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.