Villaverde aborda co director de Expansión de JEALSA posíbeis vías de colaboración público-privada

11 Maio 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo na mañá deste 11 de maio unha reunión co director do departamento de Expansión da empresa boirense JEALSA, principal empresa conserveira con sede en Galicia,

Odilo Romero. Este encontro enmárcase na rolda de contactos e de escoita activa que a dirixente autonómica está a levar a cabo cos distintos axentes vinculados ao sector marítimo-pesqueiro e portuario.

Durante a reunión, o representante da firma deu conta da evolución da actividade da conserveira con sede no porto autonómico de Bodión, en Boiro. Pola súa banda, Villaverde ratificou o compromiso da Xunta coa cadea mar industria e, en concreto, con JEALSA como paradigma da creación de riqueza e emprego localizado no litoral galego, concretamente, na comarca de Barbanza onde a empresa mantén o 62 % do seu cadro de persoal que conforman 4.500 profesionais.

Neste sentido, a conselleira lembrou que Portos de Galicia outorgou a JEALSA unha prórroga extraordinaria de prazo concesional das súas instalacións ampliándoo ata 75 anos en base ao seu interese estratéxico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...