Unha frota de 20 unidades debuxará co seu ronsel a historia do 1º Desafío Rías Baixas NB21

28 Maio 2026

Juan Caballero (texto e imaxes). Este sábado 30 de maio, tendo por porto de saída o Liceo Marítimo de Bouzas e por protagonista á ría de Vigo, partirá unha destacada frota de veleiros composta por 20 unidades, tendo por destino a ría de Muros e Noia, sendo Portosín porto de chegada.

A cita velística de alto nivel recupera para Galicia o Campionato Galego de Solitarios, que non se disputaba desde hai algúns anos, tomando parte tamén neste 1º Desafío Rías Baixas NB21, embarcacións en A2 e en A3, é dicir, con dúas e tres tripulantes, respectivamente.

A regata está dividida en dúas xornadas: unha de subida, a do sábado, con case 50 millas náuticas de trazado; e outra de baixada, a do domingo 31 de maio, con outras 50 millas, o que suman 100 millas náuticas nunha única fin de semana, é dicir, preto de 200 quilómetros percorridos por mar.

Por diante dúas etapas cheas de aventura, emoción deportiva e a admiración por unha paisaxe única trazada desde o mar, coa saída desde a bocana norte da ría de Vigo, a costa da Vela, a presenza das illas Cíes, e as de Onza e Ons gardando a ría de Pontevedra, Sálvora na cabeceira da ría de Arousa, onde os veleiros elixirán a mellor opción de navegación dependendo do vento e da mar, cara a mar aberto ou polo interior no coñecido paso de Sagres, entre as Illas de Vionta e Noro enfilando con Aguiño.

Corrubedo, cos seus míticos areais e o seu faro, sempre vixiante. O primitivo poboado de Castro de Baroña e ao alcance da vista, Fisterra, o fin do mundo segundo os romanos.

Unha vez dentro da ría de Muros e Noia a benvida daraa o impoñente e místico monte Louro. E xa moi preto, a praia de Santo Francisco, próxima a Muros, por babor dos barcos e, por estribor, Porto do Son, a praia de Aguieira e ao fondo, case na bocana de entrada ao Real Club Náutico Portosín, Noia, navegando pola Ría da Estrela.

A saída está prevista ás 10 da mañá, desde Bouzas, o sábado, sendo ás 9 da mañá, desde Portosín, o domingo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...