UCIN Galicia carga contra PSOE e PP por “converter as autoestradas galegas nun caixeiro automático para fondos estranxeiros”

08 Maio 2026


O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, denunciou este xoves 7 de maio que os sucesivos gobernos do PSOE e do PP “levaron Galicia a pagar durante décadas unha das autoestradas máis caras de Europa mentres fondos de investimento estranxeiros baten récords históricos de beneficios a costa dos petos dos galegos”. Desde UCIN Galicia considérase “escandaloso e indignante” que a AP-9, principal vía de comunicación de Galicia, siga xerando beneficios millonarios para grupos financeiros internacionais mentres milleiros de traballadores, transportistas e familias galegas “teñen que seguir pasando pola caixa cada día para poder ir traballar”.

A formación sinala directamente aos gobernos centrais de PSOE e PP por “manter e blindar un modelo de concesión que converte Galicia nun negocio privado permanente”. Segundo denuncia UCIN, o grupo Audasa pechou o exercicio 2025 cun beneficio neto histórico superior aos 100 millóns de euros ao tempo que as peaxes continúan aumentando ano tras ano.

“Mentres o cidadán de a pé fai malabares para chegar a fin de mes, os fondos holandeses, suízos e canadenses repártense dividendos millonarios grazas a unha infraestrutura que xa foi pagada varias veces polos galegos”, afirmou José Luis Calo.

UCIN Galicia denuncia que detrás de Itínere e Audasa “atópanse fondos internacionais como APG Asset Management, Swiss Life ou PSP Investments, que controlan non só a AP-9, senón tamén vías como a AG-55 e a AG-57”, sinalan, engadindo que non se pode aceptar “que infraestruturas estratéxicas galegas estean ao servizo da especulación financeira internacional”.

A organización critica tamén os acordos asinados durante anos polos distintos executivos estatais, aos que acusa de “prorrogar concesións, aceptar subas continuas das peaxes e utilizar cartos públicos para garantir os beneficios privados da concesionaria”. E engaden: “Primeiro venderon Galicia por anacos e agora pretenden que os galegos lles dean as grazas por bonificacións que en realidade saen dos impostos de todos. Isto é como convidarte a unha mariscada coa túa propia carteira”, ironizou Calo.

UCIN di ademais que “unha parte importante dos ingresos da AP-9 procede actualmente de bonificacións públicas financiadas polo Estado”, un sistema que, segundo a formación, “socializa os custos e privatiza os beneficios”.

“É intolerábel que o Estado siga inxectando millóns de euros públicos para asegurar a rendibilidade dun negocio privado controlado desde despachos de Holanda, Suíza ou Canadá. Nin no mellor percebeiro da Costa da Morte se atopa unha maré tan agradecida”, engadiu.

En base ao devandito, o grupo esixe o seguinte:

A eliminación definitiva dos peaxes da AP-9.

A recuperación pública da infraestrutura.

A auditoría completa das concesións e dos acordos asinados polos gobernos de PSOE e PP.

A publicación íntegra dos beneficios obtidos polas concesionarias e polos fondos estranxeiros.

O remate das prórrogas e privilexios ás empresas concesionarias.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.